TINTOS

Valdeorras recupera os seus viños doces artesanais de hai un século


Etiquetas: adega, viticultores, uva, viño, artesanais, viños doces, Denominación de Orixe, Valdeorras

17/04/2012 - Galiciaé LV

Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo e da Denominación de Orixe de Valdeorras conseguiron recuperar os viños doces artesanais que se producían nesta comarca ourensá a principios do século XX.
 
Logo de catro anos de investigación e con bos resultados nas catas realizadas, os promotores da iniciativa confían en que este viño abra unha nova vía de negocio e prestixio para os viticultores da zona.
 
Un total de doce catadores comprobaron os logros do traballo dos investigadores no marco do proxecto de optimización do aroma e da cor nos procesos de obtención do viño tostado a partir de uva garnacha tintureira.
 
A responsable do proxecto, Beatriz Cancho, destacou que, unha vez feita a investigación, agora é o momento de que os viticultores de Valdeorras coñezan as características destes viños e da súa realización e se animen a producilos para o mercado.
 
De feito, existe unha primeira adega traballando na posta en marcha da produción deste viño.
0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>